lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | Portas Abertas organiza unha xornada de voluntariado ambiental

24/9/23
11:00
Río Rubín, Albarellos de Monterrei.
Móllate polos ríos

O Proxecto Ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental, participación cidadá e intervención socioambiental coordinado pola asociación ecoloxista ADEGA dende o 2005. O vindeiro domingo, día 24 de setembro, celebrarase a edición número 16, que chega á comarca da man do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas.

Naceu cos propósitos de divulgar a situación ambiental dos cursos fluviais, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da participación cidadá e aportar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos, así como de convertese nun referente nos programas de educación e voluntariado ambiental.

Na bisbarra, a limpeza realizarase no río Rubín, en Albarellos. Para participar no voluntariado ambiental é necesario anotarse con anterioridade no CDR Portas Abertas; ben na oficina ubicada na rúa Mariano Carrero de Verín, ben a través dos teléfonos: 988 989 508 e 988 417 232.