lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | Portas Abertas organiza unha xornada sobre despoboación no rural

28/10/22 a 28/10/22
18:00 a 21:00
Rúa Doutor Pedro González 5, Verín
Cartel sobre a xornada sobre despoboación no rural de Portas Abertas.
Cartel sobre a xornada sobre despoboación no rural de Portas Abertas.

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas organiza o próximo venres unha xornada sobre a despoboación no rural chamada "Volver á aldea". As conferencias terán lugar no local social de AEVER en Verín, ubicado na rúa Doutor Pedro González 5.

 

O programa desta xornada comezará ás 18:00 horas coa intervención de José Paz, presidente de Portas Abertas. Posteriormente dará inicio a conferencia "Despoboación no rural: Causas e efectos", a cargo de Xosé Carballido, técnico facultativo na Xunta de Galicia e membro do Comité de Certificación e Calidade do CRDO Ribeiro. Ás 19:15 horas haberá unha mesa redonda onde participarán Ana Pardo, coordinadora do GDR9 Asociación Monteval; Antonio Rodicio, xerente de AEVER; e Lucía Aparicio, orientadora laboral do CDR Portas Abertas.

 

O peche da xornada será ás 20:30 horas coa presentación do Servizo integral de apoio e asesoramento para o asentamento e fixación de novas persoas poboadoras no medio rural e do Programa de sensibilización e concienciación sobre a despoboación e a necesidade de emprendemento no mundo rural.

 

O aforo será limitado, polo que se precisa dunha confirmación de asistencia previa, enviando un correo electrónico ó enderezo [email protected].

Comentarios