viernes. 03.05.2024

Evento

AXENDA | V Porco ó espeto nas festa do Santo Cristo en Laza

3/5/24
2023 Santo Cristo cea02
Cea popular para celebrar o Santo Cristo en Laza.

A última fin de semana de abril, Laza celebrará a súa tradicional festa na honra do Santo Cristo. Non pode faltar a gastronomía e a Asociación Cultural enLAZAdos, en colaboración co Concello de Laza, organiza a cea popular que terá lugar o sábado, día 29 de abril, na Praza da Picota a partir das 21:30 horas.

Quinta edición da exaltación do Porco ó espeto na que o menú ofrecerá as delicias gastronómicas típicas de Laza. Empanada, porco e bica regados con viño e auga nunha cea para a que será necesario reservar praza antes do vindeiro 26 de abril.

As reservas pódense facer nos bares de Laza e Souteliño, sendo a cea gratuíta para menores de 7 anos e cun prezo de 17€ para as persoas adultas. A recadación da cea popular será destinada a festa do Santo Cristo 2023. Ó finalizar a cea, haberá unha verbena popular amenizada polo grupo Louband.