Evento
AXENDA | Andaina en Matamá, homenaxe a Rocío no "Día da muller rural"
Iste ano, o Día internacional da muller rural vai ser moi especial en Matamá. A asociación Mulleres Rurais O Cruceiro - Matamá organiza unha andaina o vindeiro domingo, 15 de outubro, coma homenaxe a unha das súas veciñas: Rocío, "muller rural que estaba moi orgullosa de selo".
Un paseo rural que terá un itinerario circular de 5 quilómetros percorrendo a fermosa paisaxe natural de Matamá. Cunha dificultade baixa, o punto de encontro será nas inmediacións da ponte da localidade, para saír camiñar ás 11 horas.
Para participar niste paseo homenaxe, é necesario anotarse. Hoxe, mércores 11 de outubro, é o último día para facer unha inscrición que terá un custe de 5€. Ó finalizar o percorrido, as mulleres rurais de Matamá ofrecerán un aperitivo e farán un pequeno acto lembrando á súa compañeira Rocío Guerra Requejo, falecida o pasado 27 de agosto nun accidente de motocicleta.