Evento
AXENDA | O CMUS celebra unha nova Gala da Igualdade no Auditorio
A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Conservatorio de Música de Verín, en colaboración co Concello e a Consellería de Emprego e Igualdade, organiza unha nova Gala da Igualdade que terá lugar o vindeiro sábado no Auditorio verinés. O evento comezará ás 19:00 horas e contará con diversos actos.
As alumnas do CMUS ofrecerán un concerto para o público e a actuación grande da xornada será a de Caamaño & Ameixeiras. Ademais, presentarase o proxecto "Muller, Música e Verinesa" e adicarse a aula 2 ás irmás Iria e Mireia Castro, dúas veciñas de Verín que tocan en sinfónicas europeas. A gala complétaa a presentación da obra plástica "O son do universo", de Alba Barreira e Jorge López Dobarrio, que se destinará para aula de música dos máis cativos.
O evento, cuxa entrada é libre, rematará cunha chocolatada con churros para os asistentes.