lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | Un Nadal de concurso en Matamá

15/12/23 a 24/12/23
Matamá, Laza.
programación nadal 2023 matamá, laza

A asociación de Mulleres Rurais O Cruceiro de Matamá, coa colaboración de toda a veciñanza, ten organizado un Nadal cheo de actividades... e concursos.

Matamá forma unha comunidade ben activa e nistas datas volve demostralo organizando unhas festas que contarán coa visita de Papá Noel e cunha gran chocolatada popular.

Ademais do Obradoiro de Manualidades de Nadal, celebrarán tres concursos coa temática das festas: decoración, postres e postais de Nadal. Sen esquecer o sorteo das cestas de Nadal.