domingo. 28.04.2024

Evento

AXENDA | Os monicreques de Teatro Babaluva visitan Riós

2/8/23
11:30
Praza do Concello de Riós.
Teatro Riós 2 agosto02

A Praza do Concello de Riós acollerá mañá, mércores 2 de agosto ás 11:30h., a representación con monicreques do conto "Garavanciña e o esquío" a cargo da compañía Teatro Babaluva.

Un obradoiro de xogos musicais coa palabra que amosará como musicar un conto coa voz, con instrumentos e mesmo con obxectos naturais da vida cotiá como xornais, garrafas ou chapas.