lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | Mirito Mateo leva "A árbore do pan" ata Vilardevós

22/3/24
20:30
Casa da Cultura, Vilardevós.
libro a árbore do pan, edelmiro mateo + olimpia seoane

Esta tarde, a Casa da Cultura de Vilardevós acollerá o acto de presentación de "A árbore do pan", último libro publicado polo verinés Edelmiro Mateo. O prolífico artista contou coa colaboración de Olimpia Seoane nesta última obra, pintora autodidacta que converte o relato nun libro-arte grazas as súas ilustracións.

"A árbore do pan" é como chamaban no antano ó castiñeiro, pola súa condición de fonte alimenticia da sociedade anterior á chegada da pataca. Trátase dunha historia fabulada, da man da vida da castaña e do seu pai o castiñeiro. A natureza é unha fonte de sabedoría, soamente temos que saber ler o que ela nos indica. E o mundo que rodea ó souto é unha sociedade organizada cun fin común, chegar a ser felices.

O acto terá lugar hoxe, venres 22, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Vilardevós.

Comentarios