viernes. 03.05.2024

Evento

AXENDA | Os Festicultores actuarán nas festas de Feces de Abaixo

15/9/23 a 17/9/23
Feces de Abaixo.
15 setembro, festas feces abaixo 02

Feces de Abaixo celebra as festas na honra á Virxe das Dores ista fin de semana cun programa ben completo. Tres días nos que o bo xantar e a música únense ás celebracións relixiosas.

Comezarán o venres, 15 de setembro, ás 12 horas cunha misa e, xa na noitiña, coa cea popular e a verbena amenizada pola charanga Los Támega. Unha cea con xamón asado, tortilla e empanada para a que é necesario anotarse con anterioridade.

O sábado 16 volve haber cea popular para degustar un porco ó espeto e gozar coa actuación dos Festicultores Troupe. Continuará a música ata a madrugada a cargo da Gramola.

O domingo 17 a Banda de Gaitas do Concello de Verín actuará ás 12h para amenizar a misa solemne da mañá. As festas rematarán coa actuación da Fuego Street Band na sesión de tarde.