lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | Festas na honra da Virxe das Neves en Enxames

4/8/23 a 5/8/23
Enxames, Vilardevós.
4 agosto enxames

A aldea de Enxames, en Vilardevós, celebra dende mañá as festas na honra da Virxe das Neves. Pasarrúas, misa e procesión e verbena durante os días 4 e 5 de agosto.

Mañá, venres, a verbena estará amenizada pola discomóbil A Esmorga. Mentras, o día grande da festa, o sábado, comezará co pasarrúas da charanga Europa para animar á veciñanza xa de mañá antes da celebración da misa e procesión que comezará ás 12:00 horas.

Xa pola tarde, ás 20:00h., comeza a troula coa charanga Europa, que dará paso á verbena da noite coa discomóbil A Esmorga.