lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | Festas do Corpus en Vilarello da Cota

29/7/23 a 30/7/23
Vilarello da Cota, Vilardevós.
festas corpus vilarello da cota 2023
Vilarello da Cota celebra as festas do Corpus ista fin de semana.

A localidade de Vilarello da Cota, no Concello de Vilardevós, programa unha fin de semana de troula para festexar o Corpus. Dous días cheos de música, xogos infantís, pasarrúas e celebracións relixiosas.

O sábado, 29 de xullo, comezará a celebración con actividades infantís. Dende as 17:00 horas, a cativada da localidade contará con inchables para xogar e divertirse ó longo de toda a tarde. Xa na noitiña será a quenda dos maiores coa verbena amenizada polo Trío Azar, a partir das 23:30h.

O domingo, día 30, é o día grande das festas do Corpus en VIlarello da Cota. Comeza a xornada cun pasarrúas, a cargo da charanga Europa, que percorrerá a localidade para chamar á veciñanza á celebración da misa solemne e da procesión. Unha eucaristía que comezará ás 12h.

Rematan as festas cunha sesión de tarde e noite que contará coa orquestra Travesía para poñer ritmo e música e animar a todos os presentes.