sábado. 27.04.2024

Evento

AXENDA | Viana do Bolo organiza seis días de festas patronais

 

 

11/8/23 a 16/8/23
Viana do Bolo.
Viana do bolo, festas patronais
Viana do Bolo celebrará as festas patronais do 11 ó 16 de agosto.

Viana do Bolo celebrará as súas festas patronais na honra da Asunción e de San Roque ó longo de seis días. Dende o venres 11 de agosto e ata o mércores 16, a localidade acollerá un completo programa de eventos.

Comezan as festas o venres 11 coa X Mostra de Teatro, co estreo e posta en escena de dúas obras a cargo do grupo de teatro Candea. O sábado será o día dedicado á XXXVIII Xornadas de Folklore, que darán inicio a tres días de música e verbenas coa participación de varias orquestras.

As celebracións relixiosas terán lugar o martes e mércores, con sendas misas solemnes e procesións. Xornadas que tamén contarán con animación musical durante todo o día.

Comentarios