lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | Curso de poda e traballos de bodega

1/3/24 a 22/3/24
CDR Portas Abertas. Verín.
Vendima na adega Castro de Lobarzán neste 2022. | FOTO: Iván Iglesias.

Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas vén de abrir a inscrición para o novo curso que impartirá dentro do programa de itinerarios de inserción laboral que busca promover e facilitar a empregabilidade na comarca.

Destinado a persoas desempregadas e traballadoras, a partir do 1 de marzo comezará o Curso de poda da vide e traballos de bodega que terá unha duración de 30 horas lectivas.

A formación, de carácter gratuíto, impartirase dous días á semana: venres pola tarde e sábados pola mañá, ata o 22 de marzo.

O curso do CDR Portas Abertas promove a capacitación profesional das persoas que viven no rural en habilidades demandas polas empresas da comarca. Na anterior edición, 11 persoas saíron do itinerario formativo cunha oferta de traballo.

A inscrición poderase facer en calquera das oficinas do CDR Portas Abertas:

  • Verín: Avenida de Laza nº42. Tlf.: 988 540 590 - Rúa Mariano Carrero nº10. Tlf.: 988 989 508
  • Vilardevós: Rúa Xacinto Santiago nº23. Tlf.: 988 417 232