viernes. 03.05.2024

Evento

AXENDA | Contos ao carón da lareira

1/12/23
18:00 a 19:30
Biblioteca Pública Municipal de Verín
manualidades na biblioteca de Verín

A Biblioteca Pública Municipal de Verín segue a traballar en prol do fomento da lectura na cativada da bisbarra organizando unha chea de actividades; nista ocasión, preparada para as socias e socios máis peques da entidade cultural.

Contos ao carón da lareira é unha iniciativa que une contacontos e manualidades que terá lugar o vindeiro venres, 1 de decembro, de 18:00h. a 19:30h. e na que é preciso realizar inscrición previa.

Unha actividade que dirixirán mozas e mozos do voluntariado da Biblioteca de Verín e que, nesta ocasión, empregarán contos da sección da biblioteca de educar nas emocións e na igualdade. Ademais, haberá tempo para a realización dunha manualidade reciclando materiais.