viernes. 03.05.2024

Evento

AXENDA | Semana de "Coidados porta a porta" no Riós

9/10/23 a 13/10/23
Edificio Multiusos do Riós.
coidados porta a porta oímbra 02
Unidade móbil do programa "Coidados porta a porta".

A partir do vindeiro luns, 9 de outubro, a unidade móbil do programa "Coidados porta a porta" estará no Riós para ofrecer servicios sociosanitarios á veciñanza.

Ubicarase ó carón do Edificio Multiusos, cun horario continuo de 9:00 a 20:00 horas. Alí permanecerá ó longo de toda a semana, ata o venres, 13 de outubro para facer as consultas asistenciaisO xoves, día 12, non haberá consultas por ser festivo.

Creado co obxectivo de previr a dependencia, o programa ofrece o servizo de asistencia sanitaria con consultas de audioloxía, estimulación da memoria e podoloxía a persoas maiores de 55 anos.

Servizos de carácter gratuíto para que as persoas que viven no rural podan permanecer atendidas na súa contorna, sen necesidade de desprazarse.

É necesario solicitar cita previa para acceder ás cosultas. Pódese pedir nos teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou a través do correo electrónico: [email protected].