Evento
AXENDA | Obradoiro de cociña sostible en Viana
17/4/23
a
17/4/23
16:20
a
18:00
IES Carlos Casares de Viana do Bolo
17 de abril de 2023, 13:06
O Concello de Viana do Bolo organiza esta tarde un obradoiro de cociña sostible chamado "Cambio climático no prato". Esta iniciativa, que a leva a cabo a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, contará coa participación do cociñeiro Alejandro Iglesias, do Restaurante Cabanas de Lalín.
O obradoiro será de 16:20 a 18:00 horas no IES Carlos Casares e contará coa asistencia dunha parte do seu alumnado. Esta sesión de cociña encádrase no proxecto europeo People and Planet, que ten por finalidade a sensibilización entre a mocidade e a súa participación activa no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.