Evento
AXENDA | "Lilo, mi amigo el cocodrilo" e "El peor vecino del mundo" no Cinema de Verín
Durante ista fin de semana, o Cinema Municipal de Verín proxectará as películas "Lilo, mi amigo el cocodrilo” e "El peor vecino del Mundo” no Salón de Actos da Casa da Cultura.
Lilo, mi amigo el cocodrilo
Cine infantil musical que conta coa presenza de Javier Bardem. Cando a familia Primm se mudo a Nova York, o seu fillo tenta, con dificultade, adaptarse á nova escola e ós novos amigos. Todo cambia cando descubre a Lilo vivindo no ático da súa casa. Lilo é un crocodilo cantante a quen lle gusta gozar dun bo baño, comer caviar e a boa música. Fanse os mellores amigos, pero, cando a existencia de Lilo corre perigo, os Primm únense ó dono de Lilo para amosar ó mundo que a familia pode xurdir nos lugares máis insospeitados.
Horarios:
- Sábado, 21 de xaneiro, ás 17 horas.
- Domingo, 22 de xaneiro, ás 17 horas.
El peor vecino del mundo
Otto Anderson, interpretado por Tom Hanks, é un viúvo túzaro e moi teimudo. Cando unha familia nova e alegre vén vivir á casa veciña, Otto atopa o seu par na extravertida, e moi embarazada, Marisol. Con ela chegará a ter unha moi improbable amizade que porá o seu mundo do revés.
Horarios:
- Venres, 20 de xaneiro: ás 20:30 horas.
- Sábado, 21 de xaneiro, ás 19:15 e ás 22 horas.
- Domingo, 22 de xaneiro, ás 19:15 e ás 22 horas.
As entradas estarán disponibles na taquilla, por 5€, 30 minutos antes do inicio das sesións no propio Salón de Actos da Casa da Cultura. (Rúa Irmáns La Salle).