jueves. 18.04.2024

Evento

AXENDA | Cinema de Verín: animación infantil e ciencia ficción de terror para amenizar a fin de semana

3/2/23 a 5/2/23
Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín.
Cinema Verín 20230203
Cartaz das películas e sesións do Cinema de Verín ó longo dista fin de semana.

Ó longo da fin de semana, no Cinema de Verín proxectaranse dúas novas películas de estrea. "El asombroso Mauricio", filme de animación infantil, e "M3GAN", un thriller de ciencia ficción convertido en éxito de público na súa estrea nos Estados Unidos.

 

El asombroso Mauricio

Maurice, un gato da rúa, ten o timo perfecto para gañar diñeiro. Atopa un neno que toca a flauta e faise amigo do seu grupo de ratas faladeiras; diste xeito, non as ve coma se fosen comida. Cando Maurice e os roedores chegan á vila de Bad Blintz, atoparán a Malicia. O seu timo perfecto non vai chegar a bo porto por mor do que van atopar nun soto. Que lles pasará?.

Película recomendada para todos os públicos.

Horarios:

  • Sábado, 4 de febreiro, ás 17h, 
  • Domingo, 5 de febreiro, ás 17h.

 

M3GAN

M3GAN é unha marabilla da intelixencia artificial, unha boneca realista programada para ser a mellor compañeira dos nenos e a maior aliada dos pais. Deseñada por Gemma, M3GAN é quen de escoitar, observar e aprender mentras convértese en amiga, profesora, compañeira de xogos e protectora do neno ó que se vincule. Cando, sen esperalo, Gemma convértese na titora legal de Cady, a súa sobriña orfa de 9 anos, non sabe moi ben que facer e sente que non está preparada para exercer de nai. Decide, entón, vincular a súa sobriña a M3GAN nun intento de resolver ambos os problemas, pero non tardará en descubrir as inimaxinables consecuencias da súa decisión. 

Horarios

  • Venres, 3 de febreiro, ás 20:30h.
  • Sábado, 4 de febreiro, ás 19:30h e ás 22 horas.
  • Domingo, 5 de febreiro,  ás 19:30h e ás 22 horas.