lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | Chocalleiros de Vilardevós buscan compañeiros de folión

22/3/24
20:00
Casa da Cultura, Vilardevós.
Entroido 2024 Vilardevós, desfile luns (5) chocalleiro

A figura do Entroido de Vilardevós está rexurdindo con forza logo de case esmorecer. Cada vez son máis as persoas que visten o traxe, veciñas e veciños que queren recuperar a súa tradición. 

Neste rexurdimento, a Asociación Chocalleiros segue traballando para que o Entroido de Vilardevós volva vivir o esplendor de épocas pasadas. Unha das iniciativas que queren poñer en marcha é a creación dun Folión que acompañe a Chocalleiras e Chocalleiros xa no Entroido do 2025.

Necesitan integrantes. Por iso, fan un chamamento a todas as persoas que podan estar interesadas en formar parte dun Folión, á veciñanza de Vilardevós que quera facer tremer os bombos, e convídaas a participar na reunión informativa do vindeiro 22 de marzo, venres. Será ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilardevós.

Comentarios