lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | Cea tradicional no forno comunal de Vilardecervos

8/7/23
20:30
Forno de Vilardecervos, Vilardevós.
cea popular vilardecervos xullo 2023_02
A cea popular terá lugar no forno do pobo.

O vindeiro sábado, 8 de xullo, o forno de Vilardecervos será o punto de encontro para unha cea popular que se organiza co obxectivo de pór en valor o traballo comunal que se facía nos fornos das aldeas da bisbarra.

 

Unha cea na que se poderá degustar empanada elaborada e cocida no forno tradicional, ademais de pan bebida e postre. A partir das 20:30 horas, comezará ista xuntanza na que compartir un encontro en comunidade e boa gastronomía tradicional.

 

Organizada pola Comisión de Festas de Vilardecervos, a cea está aberta a todas as persoas que queran participar. O prezo da entrada é de 10€pódese reservar ata finais deste mes de xuño a través dos teléfonos: 676 135 387 e 638 117 467