Evento
AXENDA | Castrelo de Cima vai de festa
Os veciños de Castrelo de Cima, en Riós, xa respiran un ambiente festivo porque hoxe comezan as súas festas na honra dos Remedios. Nesta primeira xornada comezaron cun pasarrúas da charanga Europa, que tamén se encargará de ofrecer unha verbena pola noite.
Mañá o día xa será máis intenso e ás 13:00 horas terán unha misa con procesión. Ademais, a banda de gaitas de Riós tocará polas rúas da localidade. Pola noite, a partir das 23:00 horas, a verbena está amenizada polo grupo Fussión.
Para rematar, o venres poranlle fin a estas festas por todo o alto. Pola maña haberá un pasarrúas da banda de gaitas de Trasmiras e ás 13:00 horas haberá outra misa e procesión. Pola tarde, ás 18:00 horas, celebrarase unha ruada tradicional para dar paso a unha sesión de tarde e noite co grupo Xoldra. O broche de ouro poráo XLIX edición da Quimada en Castrelo de Cima, que comezará ás 02:00 horas na noite do venres para o sábado.