lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | I Andaina Lamardeite - A Cidadella

25/6/23
9:00
Saída dende Lamardeite, Vilardevós.
La conocida como "Fervenza da Cidadella", en el Concello de Vilardevós, una de las cascadas más espectaculares de la comunidad autónoma. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Fervenza da Cidadella, en Vilardevós, unha das máis espectaculares de Galiza. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas organiza a primeira Andaina Lamardeite - A Cidadella, unha excursión programada co obxectivo de dar a coñecer a contorna rural da bisbarra.

 

Cunha duración aproximada de catro horas e 14km. de percorrido, a ruta será circular. Ás 9:00 horas sairá dende a praza da aldea de Lamardeite para camiñar ata a Fervenza da Cidadella percorrendo o monte de Soutochao. Unha vez no mirador da fervenza comezará a ruta de volta.

 

Para participar é necesario facer unha inscrición previa a través da ligazón: https://tinyurl.com/2yaycpz7. Máis información no teléfono: 988 41 72 32.

 

Unha actividade organizada ó abeiro do proxecto "Voluntariado ambiental: coñecer, conservar e mellorar a nosa contorna"; programa de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades.