Evento
AXENDA | Miguel Ángel Prieto Sotelo, "Chita", presenta o libro escolma dos seus artigos
Este serán, a partir das 19:30h, o Salón de actos da Casa da Cultura de Verín será o escenario da presentación do libro “Dende a ponte a Monterrei”, de Miguel Ángel Prieto Sotelo. Unha obra que recolle unha recompilación de artigos que o autor escribiu, ó longo dunha década, no xornal Barrios.
O propio Miguel Ángel Prieto, explica que esta é unha obra feita "con agarimo e sentimento, o mesmo que me alentou a escribir todos e cada un dos relatos que compoñen este libro. A obra titúlase así porque a maioría dos artigos foron escritos na Ponte, en Ourense, e dirixidos a miña terra, Monterrei".
Ademais do autor, no acto de presentación tamén participarán: o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, Mirito Mateo, Juan Guerra, Alfonso da Tahona e Plácido Romero.