lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | Visita ao Parque da Igualdade para conmemorar o 8M

13/3/24
15:00 a 20:00
A Mezquita, A Gudiña, Riós.
20240308 Riós, Mezquita 8M, visita parque da igualdade cachamuíña

Co gallo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, os concellos de A Mezquita, Riós e A Gudiña organizan unha actividade conxunta para conmemorar a data que reivindica os dereitos das mulleres.

A proposta é visitar o Parque da Igualdade de Pereiro de Aguiar e o Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. Unha viaxe para coñecer o enclave paisaxístico situado ao carón do encoro de Cachamuíña que se está a converter en punto de encontro das reivindacións ao redor dos dereitos das mulleres.

Con carácter gratuíto, a viaxe vaise realizar o vindeiro mércores, 13 de marzo. Unha actividade con prazas limitadas na que é necesario anotarse antes do día 11, luns. A inscripción deberá realizarse nos Concellos.

Horarios de saída

  • A Mezquita: 15:00h.
  • A Gudiña: 15:15h.
  • Riós: 15:30h.

Horario de chegada

A xornada rematará cara ás 20:00 horas, co regreso ás localidades de orixe.

Comentarios