lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | Festas na honra do Santo Antón en Rexosende

13/1/24 a 17/1/24
Rexosende, Vilardevós.
20240113 17 Festas Rexosende vilardevós

A aldea de Rexosende, no Concello de Vilardevós, celebrará iste ano a festa na honra do Santo Antón por todo o alto con dous días de celebracións.

Este mesmo sábado, día 13, haberá unha verbena preliminar aproveitando a fin de semana. Dende as 23:30 horas, o Grupo M-3 será o encargado de pór música á celebración.

Xa no propio día do Santo Antón, o 17 de xaneiro, a festa comezará pola mañá coa música das gaitas dun pasarrúas que percorrerá a aldea animando á veciñanza a participar na misa e procesión que terá lugar ás 12:00 horas.

Volverá soar a música nas rúas de Rexosende a partir das 18:30 horas, cando comece a festa coa actuación do Dúo Maratón.