lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | Andaina solidaria a favor de Cruz Vermella Verín

18/6/23
10:00
Saída dende a Praza da Merced, Verín.
andaina solidaria cruz roja02
A ruta percorrerá 10km. polo val do Támega.

O Concello de Verín organiza unha andaina solidaria a favor de Cruz Vermella Verín que terá lugar o vindeiro domingo, día 18. A iniciativa xurde co obxectivo de axudar á entidade social a recadar fondos para levar a cabo os diferentes programas de axuda social que desenvolve.

Será necesario anotarse con anterioridade. A inscrición ten un prezo de 7€ e inclúe a entrega dun boleto para o sorteo do ouro de Cruz Vermella. Inscricións que deben realizarse en Multisport Verín. 

Unha andaina que percorrerá 10 kilómetros polo val do Támega, saíndo da Praza da Merced e pasando polo Balneario de Cabreiroá ata chegar a Queizás para continuar pola Ecovía do Támega. Un camiño chao e sinxelo co obxectivo de que as persoas participantes gocen dunha andaina en comunidade.

Na iniciativa colaboran a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, a Asociación Ruta das Augas e as empresas Multisport, Hortoverín e Cabreiroá.