
23:26 do 3 de abril de 2021
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda licitou por case 100.000 euros as obras de rehabilitación da estradas Salto do Cabalo a Moialde, no concello de Vilardevós.
As entidades interesadas en presentarse a este contrato de obra pública dispoñen ata o vindeiro 7 de abril para presentar a súa oferta, que terá un prazo de execución de tres meses.
A Consellería de Medio Ambiente aposta desde hai varios anos por este tipo de colaboracións para apoiar aos concellos no desenvolvemento de intervencións urbanísticas de humanización orientadas a frear o despoboamento rural, potenciar as infraestruturas, os servizos e os equipamentos municipais e, en definitiva, mellorar o benestar e a calidade de vida nas vilas e cidades galegas.