jueves. 02.05.2024
Tamara Balboa, candidata á alcaldía de Vilardevós por Interior Galego Vivo.
Tamara Balboa, candidata á alcaldía de Vilardevós por Interior Galego Vivo.


O próximo sábado 26 de novembro presentaranse por primeira vez as candidaturas de Interior Galego Vivo na comarca de Verín, en concreto nos concellos de Laza e Vilardevós, na Casa da Cultura deste último, ás 12 horas. Este partido tamén se presentará noutras zonas rurais de Lugo e Ourense, xa que pretende dar voz propia ó medio rural da Galicia interior. No primeiro dos concellos, o lazano, será Jorge Lorenzo, ata o de agora voceiro de Xuntos por Laza, quen lidere a lista e a formación de novo cuño. En Vilardevós, unha muller que se ten significado polo seu traballo a prol do rural e dos máis desfavorecidos del, Tamara Balboa, coordinadora do CDR Portas Abertas e tamén presidenta estatal de Coceder (Confederación de Centros de Desarrollo Rural).


Interior Galego Vivo nace co propósito de acadar leis de alcance e políticas de loita contra a despoboación e o desequilibrio territorial. "Mais rural e mais comunidade son precisos para o futuro deste país", din os candidatos Jorge Lorenzo, que se presenta no Concello de Laza e Tamara Balboa, candidata por primeira vez a Vilardevós.
No caso de Vilardevós, todas as persoas que conformarán a candidatura viven e traballan neste concello, "o que se está convertendo nunha excepción". "Presentámonos convencidos/as de que este concello ten futuro e potencial en torno ó aproveitamento sostible dos recursos, non nos resignamos á idea de prepararnos para un bo morrer o un mal vivir", di Tamara Balboa, responsable executiva do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas e moi coñecedora da realidade do concello no que habita. 

Liñas mestras da formación

 "Apostaremos por un modelo de desenvolvemento máis equilibrado, xusto e consciente da crisis ecolóxica. Defendemos un cambio do modelo actual de cara a un aproveitamento sostible dos recursos, unha soberanía alimentaria e enerxética dos nosos pobos", din os candidatos Lorenzo e Balboa. 

"Realizaremos unha política das persoas que apoie ós colectivos con mais dificultades no medio rural como as persoas maiores ou dependentes e ás familias con nenos/as para impedir que a merma de alumnado leve a un peche dos colexios, así como fomentar o asentamento de novas persoas poboadoras", sinalan, ademais de recoñecer que nas liñas fundacionais do colectivo ao que representan figuran medidas como "o apoio ó sector primario e á gandería extensiva, fundamental para manter os ecosistemas; á biodiversidade e á loita contra incendios que todos os anos asolan esta zona, sendo unha das de maior actividade incendiaria de todo Galicia. Tamén queren aproveitar os recursos infravalorados como a produción de castaña", conclúen.

Tamara Balboa será a candidata á alcaldía de Vilardevós por Interior Galego Vivo