
11:31 do 10 de marzo de 2021
Tan só horas despois de que Vilardevós pase ao nivel máximo de restrición - na media noite do xoves ao venres-, o Sergas realizará un cribado masivo na localidade no patio cuberto do CEIP Rodolfo Núñez da capitalidade municipal.
Estarán citados uns 700 veciños do municipio, e comezará arredor das 15:00 horas e os equipos do Sergas estarán traballando ata pouco despois das 19:00 horas.
O comité clínico resolveu onte incorporar a Vilardevós á listaxe de municipios en nivel máximo, o que obrigará á súa hostalaría a baixar as súas persianas e o concello deberá permanecer pechado perimetralmente.