sábado. 05.10.2024
Emilio González, Eva Pérez, Pedro Blanco visita delegado vilardevós 202312
Emilio González, Eva Pérez, Pedro Blanco e Tamara Balboa durante a visita do delegado do Goberno a Vilardevós.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitaba Vilardevós para coñecer de primeira man as iniciativas que impulsa o Goberno bipartito municipal. Acompañado do subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, reuníase coa alcaldesa de Vilardevós, Eva Pérez Gamote, e coa teniente de alcaldía, Tamara Balboa.

Pedro Blanco puxo en valor o traballo desenvolvido para levar a cabo proxectos que impulsen unha dinamización social dende o local, xa que estas iniciativas teñen como marco de acción a recuperación do patrimonio “para beneficio de gran parte da poboación”, sinalou.

Referíase o delegado do Goberno ao proxecto de adecuación e recuperación da ruta dos muíños para poñer en valor a área natural de A Cidadella na contorna do río. Unha iniciativa do Concello de Viardevós que contribuiría á  dinamización do territorio coa atracción de habitantes e turismo.

Pedro Blanco, Eva Pérez Gamote y Emilio González Afonso en Vilardevós
Pedro Blanco, Eva Pérez Gamote y Emilio González en Vilardevós.

 

Investimentos do Goberno en Vilardevós

Neste eido, Pedro Blanco lembrou que as propostas de Vilardevós optan ás axudas nas que os municipios do reto demográfico, entre os que se atopa este concello, son prioritarios. Unha categoría de concellos establecida polo Goberno de Pedro Sánchez para designar e apoiar aos municipios con menos de 5.000 habitantes que requiren dun plan para atallar o despoboamento e o abandono do rural.


O Goberno financiou con máis de 40.000 euros a renovación do alumeado exterior municipal nestes anos. Ademais, achegará o servizo de internet de alta velocidade á práctica totalidade do Concello dentro do Programa UNICO-Banda Ancha. Un programa que posibilitará a conexión a internet de altas prestacións a 43 núcleos de poboación, que cubrirán un total de 108 vivendas e empresas, o que na práctica, supón a completa dixitalización do territorio municipal.

NOTICIAS VERÍN | Pedro Blanco pon en valor os proxectos de Vilardevós como...