sábado. 27.04.2024
O investigador David García e o profesor Aleixandre Sotelino mantiveron unha reunión coas responsables do CDR Portas Abertas en Vilardevós.
O investigador David García e o profesor Alexandre Sotelino mantiveron unha reunión coas responsables do CDR Portas Abertas en Vilardevós.

O proxecto Biocoidados: Novos modelos de coidados prestados á comunidade, centrados nas persoas, en contornas rurais, no que traballa o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas, avanza para coñecer os resultados desta iniciativa que busca previr a institucionalización dos maiores coa utilización dos recursos comunitarios e ao cambiar o modelo de Servizos Sociais.

As responsables do CDR Portas Abertas mantiveron a primeira reunión co investigador postdoutoral David García e o profesor e doutor Alexandre Sotelino, membros de Esculca Grupo de Investigación da Univerisdade de Santiago. "Teremos moitas xuntanzas para coordinarnos, porque eles serán os que se encarguen da metodoloxía da investigación para avaliar os resultados", explica Tamara Balboa, coordinadora do CDR Portas Abertas.

 

Esta iniciativa, que levan a cabo a través da Confederación de Centros de Desarrollo Rural (Coceder), está en marcha dende principios deste ano e neste verán empezou a súa implantación con nove persoas de varias localidades de Vilardevós, que foron seleccionadas coa axuda dos Servizos Sociais do Concello. Os participantes teñen en común un risco de institucionalización, polo que durante 15 meses contarán co equipo de Portas Abertas para ver o funcionamento de Biocoidados.

A Universidade de Santiago non é a única que colabora neste proxecto estatal. En total, son 11 universidades de todo o país as que acompañarán aos centros de desenvolvemento rural que participan en Biocoidados. O CDR O Viso, de Sarreaus, tamén conta co apoio da Universidade de Vigo. As súas aportacións axudarán a avaliar os resultados prácticos do proxecto e así coñecer que aspectos funcionaron e cales non.

NOTICIAS VERÍN | A Universidade de Santiago colabora con Portas Abertas en Biocoidados