sábado. 20.04.2024
Cartel con datos sobre a diversidade no rural.
Cartel con datos sobre a diversidade no rural.

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas participa nunha campaña que promove a visibilización de todas as persoas, que son diferentes, pero entre as que hai unha porcentaxe da poboación que se ve moi limitada polo espazo no que viven. Baixo o título de "A Diversidade Rural en Datos" queren sensibilizar sobre a discapacidade

 

Dende a entidade destacan que "máis de 4,3 millóns de persoas en España teñen algún tipo de capacidade diferente" e sinalan que na comarca de Monterrei son 2.539. Cuestións cotiás que son sinxelas para moita persoas, como cruzar a rúa, ler ou relacionarse, para eles non o son. En Portas Abertas destacan que "ser conscientes da diversidade da natureza humana fai que nos adaptemos ó que nos rodea de mellor forma".

 

Por todo isto, queren fomentar a igualdade de oportunidades e dar a coñecer que estas persoas non teñen que vivir limitadas polo espazo que as rodea. Dende Portas Abertas aseguran que é importante "promover a adecuación dese entorno para que poidan desnevolver todas as súas capacidades".

 

O centro traballa con máis de 15 persoas con diversidade funcional o longo do ano. Con eles realizan actividades de todo o tiempo en Verín, Vilardevós e Riós, sempre adecuadas os intereses das persoas participantes. Isto poden desenvolvelo grazas a  Orde do 9 de setembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería de Política Social.

NOTICIAS VERÍN | Portas Abertas lanza unha campaña sobre diversidade funcional no rural