jueves. 25.04.2024
O direector xeral dos maiores, Francisco G. Abeijóm, visita o CDR Vilardevós.
O director xeral de Maiores, Fernando G. Abeijón, visita o CDR Vilardevós.

O Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, puxo en valor os programas impulsados polo Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) de Vilardevós para a promoción da autonomía persoal das persoas maiores. Esta mañá visitou as súas instalacións xunto á xefa territorial de Ourense, María José Fernández, onde coñeceu máis en profundidade as actividades dos proxectos Aldeas Activas e Vou contigo.

O Goberno galego destina 72.000 euros a esta entidade para a posta en marcha destas iniciativas a través do 0,7% do Imposto sobre a Renda das persoas Físicas -IRPF-. Esta axuda vai destinada á adquisición de equipamento tecnolóxico ou a posta en marcha destes proxectos destinados ao envellecemento activo ou a prevención da dependencia.

O Director Xeral tamén aproveitou a súa visita para coñecer a algún dos usuarios que participan nas súas actividades de estimulación cognitiva. Destacou que a prevención do deterioro cognitivo é tan importante como o seu coidado posterior e permite que as persoas maiores teñan unha mellor calidade de vida.

NOTICIAS VERÍN | O CDR Vilardevós destaca polo seu impulso á autonomía persoal dos maiores