No día previo á celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a comunidade de Vilardevós reuniuse no Centro de Día e Residencia de Maiores para conmemorar esta data tan importante cun acto organizado polo Concello de Vilardevós. Este ano, a homenaxe centrouse na figura das avoas, mulleres referentes de loita, amor e resistencia.
O acto contou coa presenza da alcaldesa de Vilardevós, Eva Pérez Gamote, que sinalou que “é fundamental recoñecer o papel das avoas na nosa sociedade”, e ademais fixo referencia “á importancia de manter viva a súa memoria”.
As avoas foron as protagonistas da xornada, recibindo o recoñecemento e o agarimo de toda a comunidade. A súa experiencia e sabedoría serviron de inspiración para as persoas asistentes, especialmente para as máis novas. Marisa García Salgado, e Angelines Díaz Gallego compartiron algunhas das súas historias de infancia e mocidade.
Ademais, o CDR Portas Abertas realizou unha performance reivindicativa co alumnado do CEIP Rodolfo Rguez Núñez. Cunha mensaxe moi visual e a canción das Tanxungueiras ‘Fame de Odio’ de fondo, fóronse destruíndo mensaxes con estereotipos e logo as nenas e nenos ensinaron os debuxos cos que estiveron traballando
