jueves. 25.04.2024
As renovadas piscinas de Vilardevós o pasado mes de xuño.
As renovadas piscinas de Vilardevós o pasado mes de xuño.

Os veciños de Vilardevós tiveron sorte e, aínda que a vaga de calor xa rematou, contarán coas piscinas municipais para o mes de agosto. Manuel Cardoso, alcalde do municipio, confirma a apertura destas instalacións municipais para os vindeiros días. "Atopamos un socorrista, que era o que nos faltaba, e xa estamos preparando todo para abrir canto antes", sinala.

As instalacións renováronse para este verán, pero a falta de socorristas impediu que as pisicnas abrisen a principios de xullo como o fan todos os anos. Pese a que a busca non foi sinxela, desde o Concello non se plantexaron a posibilidade de non abrir e seguiron na procura. A finais de xuño, Cardoso tiña claro que "queremos ter as piscinas abertas aínda que sexa para un mes".

 

A documentación está preparada e a auga xa se someteu ós análises pertinentes para que todo esté correcto. "Se todo vai ben e non ocorre nada raro, abriremos nos próximos días", asegura. A veciñanza poderá desfrutar da reforma das instalacións que contou cun orzamento de máis de 100.000 euros.

As obras acometidas no pasado inverno trataron de facilitar a búsqueda dun socorrista. Reduciron a profundidade do vaso -agora de 1,5 metros- para que o profesional só precisase dun curso de primeiros auxilios para desenvolver esta labor. Outras das melloras acometidas foi a renovación do céspede, a instalación dunha caseta para o bar e incluso unhas novas duchas.

O horario repetirá como en anos anteriores de 14:30 a 20:30 horas.

NOTICIAS VERÍN | Vilardevós atopa socorrista e abrirá as piscinas nos vindeiros días