domingo. 19.07.2026
O Concello pide a colaboración veciñal para protexer os espazos públicos

NOTICIAS VERÍN | Vilardevós apela ao civismo ante actos vandálicos

Lousas levantadas no parque infantil de Vilardevós | FOTO: Concello de Vilardevós.
Lousas levantadas no parque infantil de Vilardevós | FOTO: Concello de Vilardevós.

O Concello de Vilardevós lamenta os recentes actos vandálicos sucedidos en distintos puntos do municipio. Nestes días producíase a desaparición dun banco, lousas levantadas no parque infantil e pegamento en pechaduras.

 

"Estes actos incívicos non só implican un gasto económico innecesario que repercute directamente nos fondos de todos os veciños e veciñas, senón que ademais prexudican o uso e disfrute dos espazos públicos por parte da comunidade. Bens que son de todos e para todos vense deteriorados por accións que non podemos tolerar" subliñou a alcaldesa, Eva Pérez Gamote.

Pegamento en pechaduras de instalacións municipais.
Pegamento en pechaduras de instalacións municipais.

 

Por este motivo, o Concello de Vilardevós fai un encarecido chamamento ao civismo, ao sentido común e á responsabilidade compartida. "Coidar do noso pobo, dos nosos parques, do noso mobiliario urbano, é unha tarefa que nos incumbe a cada un de nós", engadiou a rexidora municipal. 

NOTICIAS VERÍN | Vilardevós apela ao civismo ante actos vandálicos