20 de marzo de 2025, 14:39
A Casa Reitoral de Vilardecervos, no Concello de Vilardevós, presenta un estado de ruína preocupante, agravado polo recente temporal. A estrutura, situada na praza do pobo, un lugar de paso habitual e zona de xogo para os nenos, supón un perigo inminente para os veciños.
Alba Balboa, presidenta da Asociación de Veciños manifestou a súa preocupación: "O Bispado ten constancia da situación, pero polo momento non levou a cabo ningunha medida para asegurar a estrutura. Tememos que poida ocorrer algunha desgraza". Balboa engadiu que o propio bispo visitou a zona e puido comprobar o estado da Casa Reitoral.
A veciñanza de Vilardecervos espera unha resposta rápida e efectiva para evitar posibles accidentes e preservar a seguridade da comunidade.
