viernes. 19.04.2024
Berrande, Vilardevós.
Berrande, Vilardevós.

Os veciños de Berrande, Vilardevós, afectados pola concentración parcelaria na zona poderán tomar posesión dos predios de substitución -e darlles uso- a finais deste mes. Concretamente, o vindeiro 29 de outubro, tal e como confirmou Medio Rural tralo anuncio oficial no Diario Oficial de Galicia.

Este proceso, que abrangue unha superficie de 508 hectáreas -pertencentes a 257 propietarios-, permitiu pasar de case 4000 a 630 parcelas -cuxo tamaño foi multiplicado por seis trala reestruturación-. Informan dende a consellería que no caso de que haxa colleitas pendentes de recoller nas parcelas antigas que non estean clasificadas como monte alto, estas poderán ser retiradas antes do 29 de abril do vindeiro 2022.

Dende o inicio do proceso de reorganización, a Xunta de Galicia investiu preto de dous millóns de euros dos cales arredor dun e medio foron destinados á execución da rede de camiños. No caso de que existan diferenzas superiores ás marxes de tolerancia admitidas entre a cabida real das novas parcelas e a que conste no expediente de concentración, os adxudicatarios van contar cun prazo de dous meses para poder reclamar ante a Xefatura Territorial de Medio Rural en Ourense.

NOTICIAS VERÍN | Os veciños de Berrande tomarán posesión das fincas froito da...