Xoves. 06.10.2022
Actividades extraescolares que oferta o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas para este curso.
Actividades extraescolares que oferta o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas para este curso.

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas xa se prepara para as actividades destinadas para os cativos nos meses de inverno, que neste curso estarán marcadas pola normalidade trala pandemia. Os pais ou tutores xa os poden anotar en calquera delas e son reforzo escolar, informática -inicial e avanzada-, necesidades educativas especiais, manualidades, psicomotricidade grosa e obradoiros puntais que se levarán a cabo.

Dende Portas Abertas confirman que regresan tamén ós colexios por petición das ANPAs, "que xa se animan a ter actividades dentro dos propios centros". Deste xeito, a entidade estará presente neles e por primeira vez faráo no de Laza. A maiores, tamén ofrecerán as actividades extraescolares nos seus dous centros de Vilardevós e Verín.

O calendario de cada unha delas está aínda sen decidir, dependerá do número de inscritos e dos grupos que se poidan formar. "Nestes momentos só nos estamos organizando co número de familias que queiran algunhas das actividades", sinalan dende Portas Abertas. Polo tanto, é importante que os interesados deixen os seus datos en Portas Abertas para que a confección dos grupos sexa o máis pronto posible.

Os responsables dos cativos serán atendidos en horario de 10.00 a 12.00 horas na mañá e de 15.30 a 17.00 horas na tarde. No centro deixarán un número de contacto e o nome para que, unha vez confeccionados os grupos, sexan chamados para concretar días e datas das actividades. Non hai data tope para anotarse, dependerá do número de inscritos e poranse en marcha cando se acade un número axeitado de alumnos.

NOTICIAS VERÍN | Portas Abertas recupera a normalidade nas actividades extraescolares
comentarios