17:12 do 1 de febreiro de 2022
Dous helicópteros, dous axentes, tres brigadas de loita contraincendios e dúas autobombas combaten arestora un lume declarado nos montes de Feilas, concello de Vilardevós, pouco despois das 16:00 horas.
Ás 17:30 horas xa se calcinaran unhas catro hectáreas.
Así se vía a columna de fume dende o centro da vila de Verín.