
10:53 do 5 de xuño de 2023
A Xunta de Galicia continuará durante ista semana cos traballos de acondicionamento e roza nas marxes da estrada autonómica OU-310, que une os municipios de Verín e Vilardevós. Traballos que comezaban a mediados de maio e que, agora, iniciarán novas actuacións.
O programa de acondicionamento da estrada busca previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria, aumentando a visibilidade e facilitando o tránsito de peóns e ciclistas.
As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas.
Ademais, os traballos se completarán coa reposición ou reparación de elementos de valado perimetral da estrada.