
16:36 do 16 de decembro de 2019
O concello de Vilardevós e maila Deputación de Ourense informan dun corte de estrada que afectará ó vial OU-1006 en Vilardevós. A estrada, que conecta as localidades de Vilardevós e Vilarello da Cota, permanecerá cortada dende hoxe, luns 16 de decembro, ata o vindeiro 24 de xaneiro do 2020, ambos inclusive.
O treito de estrada que se cortará ó tráfico de vehículos é o que vai dende o punto kilométrico 2'460 ata o 2'700. Durante o tempo que durarán as obras, os desvíos alternativos están debidamente sinalizados polo Salto do Cabalo-Soutocobo.
O corte da estrada correspóndese coa saída da localidade de Florderrei Vello cara Vilarello da Cota.