Xoves. 30.06.2022
Interior del centro de salud de Vilardevós. | FOTO: Noelia Caseiro.
Interior do centro de saúde de Vilardevós. | FOTO: Noelia Caseiro.

Certa estabilidade de casos activos a 24 horas da explosión festiva no entroido de Verín, a da noite de Comadres. Este mércores 23 de febreiro as variacións son mínimas. Só Cualedro e Vilardevós perden positivos. Pola contra, Monterrei anota dous máis, ao tempo que o resto de concellos manteñen as cifras feitas públicas no día de onte: Verín segue cos 74 contabilizados este martes. 

Mañá haberá unha nova posibilidade, no punto CovidAuto do hospital, de realizar test gratuítos de antíxenos, entre as 15:30 e as 20:30 horas, obtendo o resultado 15 minutos máis tarde de realizada a proba. 

Velaí os datos deste mércores 23 de febreiro, coa esperanza de superar Compadres sen repuntes:
 

  • Castrelo do Val: dous
  • Cualedro: seis (rebaixa dous positivos con respecto a onte)
  • Laza: seis
  • Monterrei: 22 (dous novos casos en 24 horas)
  • Oímbra: dous
  • Riós: tres 
  • Verín: 74
  • Vilardevós: dous (dous positivos menos en 24 horas)
  • A Gudiña: tres 
  • A Mezquita: tres

CORONAVIRUS VERÍN | Vilardevós e Cualedro, os únicos que rebaixan positivos en 24 horas
comentarios