jueves. 18.04.2024
Adriana Álvarez, diante das portas do Concello de Vilardevós. | FOTO: Anabel García Simón.
Adriana Álvarez, diante das portas do Concello de Vilardevós. | FOTO: Anabel García Simón.

Adriana Álvarez ten 34 anos, é administrativa na empresa privada, natural de Enxames -onde residirá nuns meses-, casada, filla dun concelleiro popular -"levo isto da política no sangue, dende ben pequena a vivín moito" e nai de dous fillos, un, Manuel. Seguro que así, sen máis, ese nome non lle di nada. Se lle amosamos a foto do seu puño aquel 12 de decembro de 2019, poida que algo máis. É o máis claro exemplo que as ideas dun partido só se defenden cando van en sintonía cas necesidades da poboación, "cando non é así, combátense dende a lealdade". Como ela fixo e como está disposta a facer asumindo o reto de revalidar a alcaldía de Vilardevós, concello que é parte da patria pequena do actual presidente da formación popular: Alberto Núñez Feijóo. 

Acaba de participar na que é a primeira convención multitudinaria do seu partido, ou alomenos eso creo. Que se sinte?

Así é, é a miña primeira asistencia a un gran acto do meu partido. En todo momento me sentín moi arroupada e apoiada por todos os alí presentes. É extraordinario rodearse de xente á que un admira e poder aprender día a día dos mellores.

A candidata do PP de Vilardevós, co presidente nacional da formación, Alberto Núñez Feijóo. | FOTO: Iván Iglesias.
A candidata do PP de Vilardevós, co presidente nacional da formación, Alberto Núñez Feijóo. | FOTO: Iván Iglesias.

Vemos que quixo fotografarse cos dous presidentes, o do partido a nivel nacional e o da Xunta. Un deles con raíces en Vilardevós.. Fíxolle algunha confesión? Algún consello? 

Si, non deixa de ser un acto de partido e que menos que poder achegarse a referentes políticos dese nivel. Con respecto a Alberto Núñez Feijóo deume a noraboa pola miña elección e charlamos sobre o necesario que é seguir potenciando o rural. O mellor consello que me deron é traballar, traballar e traballar para aspirar a seguir mellorando a vida de todos os meus veciños. Convidamos ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda e ao que sen ningunha dúbida será o noso futuro presidente nacional, visitar novamente o concello de Vilardevós e poder exporlles de primeira man os proxectos que desexamos poñer en marcha se saímos elixidos nestas próximas eleccións.

Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, con Adriana Álvarez, candidata a revalidar a alcaldía de Vilardevós polo PP. | FOTO: Iván Iglesias.
Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, con Adriana Álvarez, candidata a revalidar a alcaldía de Vilardevós polo PP. | FOTO: Iván Iglesias.

Moza, nai de dous fillos, un posto de traballo de responsabilidade nunha importante empresa verinesa. Que lle levou a dar ese paso?

Foi un paso moi meditado, por sorte dende o primeiro momento tiven o respaldo de todo o meu círculo persoal. É unha nova etapa a que se me presenta e que afronto con moitísimas ganas e ilusión, levo 12 anos traballando no sector privado en postos sempre de xestión e responsabilidade, que estou segura me achegarán a experiencia necesaria para poder xestionar eficiente e responsablemente as miñas obrigas como alcaldesa se así o deciden os meus veciños.

Foi a segunda renovación dentro do partido na comarca, tras a renuncia de Francisco Armando Veiga en Riós, nos últimos meses. Anticipouse mesmo á terceira muller en incorporarse, Lara Da Silva. Parece que o PP está a apostar fortemente polo papel da muller.

O Partido Popular sempre apostou firmemente polas mulleres dentro da política, que dúbida cabe, basta con mirar os postos de responsabilidade ocupados por grandes mulleres cada vez que gobernamos. Nós formamos parte dunha renovación xeracional poñendo en valor o gran traballo realizado polas nosas antecesoras e pensado nun futuro no que as mulleres aínda temos moito que dicir.

 

Non lle parece algo arriscado optar a manter unha alcaldía logo de tres maiorías absolutas do seu predecesor?

Para o min é todo un reto, optamos a consolidar esa maioría ampla que nos permita gobernar e poder desenvolver o noso programa da mellor maneira. Todo o mundo sabe que os gobernos da esquerda de coalición acaban sempre en colisión -temos un claro exemplo en Laza-, co prexuízo que iso suporía para os nosos veciños.

Que nota lle poría ao seu predecesor como xestor dentro do Concello de Vilardevós?

Manuel Cardoso leva 12 anos á fronte deste concello, nese tempo deixouse a pel servindo e facilitando a vida a todos os veciños de Vilardevós, a nota puxéronlla os veciños os cales referendaron o seu bo facer con tres maiorías absolutas consecutivas.

Adriana Álvarez é a terceira nova cara de muller no PP comarcal. | FOTO: Anabel G. Simón.
Adriana Álvarez é a segunda nova cara de muller no PP comarcal. | FOTO: Anabel G. Simón.

Sei que aínda é un pouco prematuro pero, por favor, desvélenos algunha das principais liñas do que será o seu programa de goberno no Executivo local.

Entre outras moitas máis que xa iremos desvelando, axuda á natalidade cun cheque bebé para novos nacementos ou adopcións. Unha axuda para novos autónomos menores de 35 anos. Clara aposta pola creación de polígonos agroforestais, posta en marcha de vivendas comunitarias para os nosos maiores e un decidido esforzo polo fomento de hábitos saudables entre a nosa xuventude, como o deporte.

E postos a desvelar, algunha actuación concreta ou infraestrutura que considere primordial para Vilardevós?

Neste aspecto, está moi avanzado levar a cabo o saneamento de augas dos núcleos do concello co compromiso firme da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, falamos de melloras que conlevan un esforzo orzamentario importante. Teño o firme convencimento de que mellorar o tratamento de augas residuais é fundamental para a comunidade pero tamén para o medio ambiente. E nesa liña iremos. Tamén haberá algunha ponte que arranxar, coma a do río Barxas, que terá si ou si un paso para peóns. E loitarei por conseguir a financiación precisa para crear unha boa comunicación entre a capela de San Roque e a autovía A-52. Esa vía ten que ser atractiva e pola que entre grande parte do noso turismo. 
 

Algún punto do programa específico para os máis mozos do municipio? 

Creo que dende a administración local, temos a obrigación de estar á beira dos nosos mozos, debemos apoiar a cada novo emprendedor e tentar facilitarlle o asentarse na súa aldea, non só con axudas económicas directas como a nosa axuda para novos autónomos. Ese mozo que decide apostar polo rural debe ter servizos idénticos a un que reside na cidade. Temos que conseguir aumentar a natalidade e fixar poboación.

Es es el puño de Manuel, un día después de su nacimiento en diciembre de 2019.
Es es el puño de Manuel, un día después de su nacimiento en diciembre de 2019.

Entrando un pouco mais no persoal, por isto de facernos unha idea do seu perfil, algún referente en política?

Adolfo Suárez, aos que todos os demócratas deste país debemos tanto.

Unha película? O Padriño I e II... Digamos que a triloxía.

Un libro? Cen anos de soidade.

Unha canción? Let it be

Unha viaxe pendente? Mmm... Recorrer Xapón.

De pequena quixo ser… Alcaldesa do meu concello!!!

Adriana Álvarez: "Traballarei arreo para que os mozos do meu concello teñan os mesmos...