O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a aprobación final do acordo de reestruturación parcelaria, na zona de San Bartolomeu de Berrande, en Vilardevós (Ourense).
A reorganización territorial afecta a unha superficie total de 508 hectáreas. O proceso -que supuxo un investimento de 2 millóns de € por parte da Xunta de Galicia- reestruturará un total de 3.942 parcelas en 630 predios.
Fontes da Consellería de Medio Rural afirman que este paso permitirá determinar os prezos de reemprazo: cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra.
As persoas que queiran manifestarse en contra desta resolución, poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural dentro do prazo dun mes -contado dende o día seguinte á presente publicación-.
O "recurso de alzada" é un instrumento de carácter administrativo que permite a revisión do acto dictado, por parte dalgunha instancia superior, e a súa posible enmenda.