jueves. 25.04.2024
Incendio en Vilardevós este mércores. FOTO X. L. Colmenero (2)
Incendio en Vilardevós este mércores. | FOTOS: Xosé Luis Colmenero.

Os servizos de extinción de incendios actuaron rapidamente para conter o avance dun incendio forestal que se declarou esta tarde nunha zona arborada moi próxima ao núcleo de Vilardevós.

Segundo informou Medio Rural, a superficie afectada foi unha hectárea, a alerta produciuse ás 16:48 horas deste mércores. Até o lugar do incendio desprazáronse catro brigadas e dúas motobombas, baixo a coordinación de dous axentes forestais. Tamén foi precisa a intervención dun helicóptero.

Segundo testemuñas, contra as seis da tarde o incendio parecía controlado, aínda que os medios mobilizados permanecían sobre o terreo. O incendio quedou estabilizado antes das 19:00 horas.

A partir do mediodía deste mércores sucedéronse os incendios por toda a provincia. Continuaba activo o lume declarado onte en Ribadavia. Tamén houbo alertas en Vilamarín, A Bola, Verea, Xinzo de Limia e Leiro.

Incendio en Vilardevós este mércores. FOTO X. L. Colmenero (1)
Outra imaxe do incendio en Vilardevós.

🔴 ÚLTIMA HORA | Un lume preto de Vilardevós esixe a intervención de catro brigadas e un...