A produtora cinematográfica Zeitun Films acaba de anunciar unha convocatoria aberta para descubrir novos talentos da comarca de Verín. Esta é unha oportunidade única para que os veciños e veciñas da zona participen na próxima longametraxe dirixida polo recoñecido director Eloy Domínguez Serén.
O filme, titulado "Tralovento", abordará unha cuestión moi de actualidade, como é a inxente cantidade de permisos que se están a solicitar para implantar parques eólicos no territorio.
Sinopse
Ana regresa ao seu pobo trala morte do seu pai. A súa intención é marchar despois do enterro, pero sente a necesidade de quedarse, alimentada pola intención dunha empresa eléctrica de instalar un parque eólico que divide aos veciños e afecta as terras da súa familia.
A súa participación neste conflito involúcraa de novo na vida da comunidade. Un proceso no que Ana cuestiona o seu sentido de pertenza, evoca un pasado doloroso e descobre un espírito de loita que descoñecía ter.
A longametraxe estará dirixida por Eloy Domínguez Serén, quen dirixiu, entre outros, a curtametraxe Rompente, en 2022, galardonada co premio á mellor curta de ficción no Festival de Málaga.
Perfís Requiridos
A produtora está en busca dos seguintes perfís para papeis secundarios e figuración:
- Homes: entre 30 e 80 anos.
- Mulleres: entre 30 e 70 anos.
Requisitos
Para participar no casting, os interesados deben cumprir coas seguintes condicións:
- Ser galegofalante: O dominio do galego é imprescindible.
- Non se require experiencia previa: Esta é unha oportunidade ideal para aqueles que nunca teñen traballado no mundo da interpretación.
- Será un traballo remunerado: Os participantes recibirán unha compensación económica polo seu traballo.
Como participar
Os interesados en formar parte deste proxecto cinematográfico deben enviar a seguinte información ao correo electrónico [email protected]:
- Nome e apelidos
- Idade
- Residencia
- Fotos recentes
- Un vídeo de presentación
Anímate a participar!
Zeitun Films anima a todos os veciños e veciñas da comarca de Verín a participar nesta iniciativa e aproveitar esta oportunidade para amosar o seu talento diante das cámaras. Esta é unha excelente ocasión para involucrarse nun proxecto artístico e formar parte da industria cinematográfica galega.
Para máis información ou consultas, contacta a través do correo electrónico [email protected]. Non deixes pasar esta oportunidade e anímate a vivir unha experiencia única no mundo do cine!