Venres. 29.03.2024
Tamén os maiores do centro de día da vila volverán á someterse as probas para descartar positivo algún

A Xerencia realizará a vindeira semana un cribado con PCR a todo o persoal do distrito sanitario de Verín

Todo o persoal do distrito sanitario de Verín someterase a vindeira semana a un cribado por PCR. Tamén se realizarán estas probas diagnósticas no centro de día para maiores de Verín, Raiola

Non correrán coa mesma sorte os funcionarios do xulgado, que polo de agora permanecerán excluídos dos cribados do Sergas, como o que organizou en Verín nos últimos días do mes de decembro de 2020. 

Uno de los trabajadores del hospital verinense recoge una muestra de PCR.
Un dos traballadores do Hospital de Verín realizando unha PCR. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

A dirección do distrito sanitario de Verín vén de comunicarlle a todo o persoal do hospital verinense e ao adscrito aos diferentes centros de saúde dependentes del que na vindeira semana comezarase un cribado por PCR a todo o persoal sanitario

A decisión tomase logo de coñecerse a alta incidencia que está a ter a pandemia no concello verinense e, mesmo na comarca, así como a evolución que se agarda da mesma nas vindeiras datas. 

Tamén no centro de día Raiola de Verín se realizarán novas PCR a todos os seus usuarios o vindeiro luns, dende ás 10:00 horas. Este xoves levouse a cabo un cribado con test de dobre banda facilitados pola Xerencia da Área de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, sendo negativos todos os resultados dos maiores analizados. Malia todo, a dirección de Raiola xa solicitara a realización das PCR o luns 11 de xaneiro para descartar calquer posible positivo que pudera xurdir nos días posteriores á celebración de Reis. 

As PCR en Raiola leváronse a cabo este martes e mércores nas instalacións do centro de día.Probas PCR realizadas nas instalacións do centro de día Raiola de Verín. 

Os funcionarios da Xustiza piden poder participar nos cribados

Sen embargo, non correrán coa mesma sorte co persoal sanitario os funcionarios do xulgado, que polo de agora permanecerán excluídos dos cribados masivos que está a organizar o Sergas en todo o territorio galego. Dende o sindicato Alternativa na Xustiza - CUT non entenden como, tras o elevado número de casos nos xulgados de toda Galicia, o Director Xeral e a Subdirectora de Xustiza negáronse a permitir a realización da proba, como aconteceu no organizado en Verín nos derradeiros días do pasado ano.

"O último desplante aconteceu nestes días na cidade de Verín. Ante o preocupante incremento de casos pola covid - 19 en toda a contorna o pasado día 27 de decembro o Sergas decidiu, con bo criterio, realizar un cribado masivo na poboación como medida preventiva para evitar novos contaxios. Unha vez máis, os traballadores da Xustiza, neste caso de Verín, foron discriminados ao non ser incluídos no cribado", din dende AXG - CUT. 

Polo de agora segue sen haber unha solución clara, que AXG - CUT achaca a unha deixadez por parte do Director Xeral e a unha falta de coordinación entre o Sergas e a Consellería de Xustiza fomentada pola Xunta. Dende o sindicato solicitan que ''o Director Xeral cumpra coa súa palabra de buscar unha solución e rematar coa descoordinación entre Consellerías para afrontar a Covid - 19 como o que é: un problema de saúde pública''.

Solicitamos que o Director Xeral cumpra coa súa palabra de buscar unha solución e rematar coa descoordinación entre Consellerías para afrontar a COVID como o que é: un problema de saúde pública (AXG-CUT)

A Xerencia realizará a vindeira semana un cribado con PCR a todo o persoal do distrito...