Baixo o lema ''O Entroido de Verín: O mellor Entroido do mundo'' os alumnos do IES García-Barbón de Verín poñen a voz a un vídeo que busca celebrar o Entroido 2021 con sentidiño e dende a casa, nun ano protagonizado pola pandemia.
''Temos que lograr que este ano o Entroido transcorra dun xeito exemplar. Caeríanos a cara de vergoña se despois da semana do Entroido houbese unha repunta de casos da Covid''. Con isto, queren facer un chamamento non só aos veciños do concellos, senón tamén do resto de Galicia, a non realizar festas que poidan pór en risco a saúde de todos.
Temos que lograr que este ano o Entroido transcorra dun xeito exemplar. Caeríanos a cara de vergoña se despois da semana do Entroido houbese unha repunta de casos da Covid (Alumnos IES García-Barbón de Verín)
Tamén recordan que ''xa perdemos o Magosto, o San Antón, o Nadal e as festas de verán das aldeas, pero agora temos a misión de salvarmos o Entroido. Aínda quedan moitos por vivir e se queremos gozalos como até agora, este ano temos que resignarnos a facer as cousas ben''. Deste xeito, queren converterse en exemplo de todo o triángulo máxico.
Este ano temos que resignarnos a facer as cousas ben (Alumnos IES García-Barbón de Verín)
Por iso, para evitar xuntanzas, pero non perder a maxia do Entroido saen, ás 20:00h, ao balcón da súas casas. ''Todos os Cigarróns e Peliqueiros que temos as chocas na casa poñémolas as oito da tarde e saímos aos balcóns a facer o estrondo do Entroido''.