jueves. 25.04.2024
Acto inaugural do programa
Acto inaugural do programa.

Está maña, deron comezo en Verín, as xornadas organizadas polo IV Ciclo do Programa Universitario de Maiores da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Concello.

No acto de inauguración, no que se completou o aforo da sala, Ana Moure Soengas, a docente responsable de impartir o primeiro seminario adicado á Criminoloxía e á Política Criminal, estivo acompañada por María Esther Olveira, a directora do programa. Esta última quixo agradecer ó Concello de Verín a súa implicación no proxecto: "grazas por liderar a iniciativa, difundila e facela chegar a toda a cidadanía do municipio".

Seminario de Criminoloxía e Política Criminal

Segundo comunicou Dolores Fernández Torcuato, unha das participantes, na clase da mañá falouse dos detidos, dos acusados, das probas, dos escenarios do crime, etc., todo adicado ós delitos. A xornada da tarde tratou o tema das pegadas dixitais, sobre a variedade e a cantidade de trazos que existen nestas.

"Non puidemos facer prácticas, como sería o ideal, porque debido ó coronavirus non se podían pasar papeis nin se levaron a cabo traballos de tomar pegadas dixitais; foi un pouco a explicación dos sucos destas. A verdade e que estivo moi ben, foi moi interesante, tanto a clase da mañá como a tarde", alegou tamén Dolores.

O programa

Este leva por título "Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do Coñecemento", e está dirixido a persoas maiores de 50 anos. Distribúese en tres xornadas, nas que se inclúen seminarios de distintas temáticas, así como sesións prácticas, que serán impartidas por docentes da USC. As clases daranse no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín. 

Programa completo

25/03/2021

11:00-12:30 h

Seminario: Introducción á Criminoloxía e Política Criminal

16:30-18:00 h

Actividade interactivas de resolución de casos prácticos e análise de “pegadas dactilares”.
Dna. Ana Moure Soengas. Graduada en Ciencias Políticas e Criminoloxía. Docente do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

 

26/03/2021

11:00-12:30 h

Seminario: Cultura Folclore e educación: Construíndo a Identidade Persoal desde a
Tradición.
D. Alexandre Sotelino Losada. Dr. en Ciencias da Educación. Docente do Departamento de
Pedagoxía e Didáctica e no Programa Universitario de maiores, IV Ciclo da USC.

16:30-18:00h

Obradoiro A Cociña Musical: O uso dos recursos cotiás na creación artística.
Dna. Sandra González Sousa. Monitora e Dinamizadora Cultural.
Dna. Cristina Calle Rodríguez. Monitora e Dinamizadora Cultural.

 

27/03/2021

11:00-12:30 h

Seminario: “Das mouras ás mámoas, das mámoas ás pedras sacras, das pedras sacras a
troques douro. Do inmaterial ao material do patrimonio cultural de Verín”.

16:30-18:00h

Visita ao Museo Claustro Mercenario.
Dna. Carolina Casal Chico. Dra. en Arte Medieval. Docente do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

 

 

 

Os verinenses adéntranse no mundo da criminoloxía